sábado, 26 de noviembre de 2011

Teño algo que dicir.

Cantos, bágoas, queixas, suspiros, seráns, romarías, paisaxes, devesas, piñeirais, soidades, riveiras, costumes, todo aquilo, que pola súa forma e colorido é digno de ser cantado, todo o que tivo un eco, unha voz, un runxido por leve que fose, con tal que chegase a conmoverme, todo isto me atrevín a cantar neste humilde libro para dicir nunha vez xiquera, e aínda que sexa torpemente, ós que sen razón nin coñecemento algún nos desprezan, que a nosa terra é digna de loanza, e que a nosa lingua non é aquela que bastardean e chapurrean torpemente nas máis ilustradísimas provincias cunha risa de mofa, que, a dicir verdade (por máis que esta sexa dura), demostra a ignorancia máis crasa e a máis imperdoable inxustiza que pode facer unha provincia a outra provincia irmá, por pobre que esta sexa. Mais velaquí que o máis triste nesta cuestión é a falsidade con que fóra de aquí pintan así ós fillos de Galicia como a Galicia mesma, a quen xeralmenta xulgan o máis desprezable e feo de España, cando acaso sexa o máis fermoso e digno de louvanza. [...]

No hay comentarios:

Publicar un comentario